Luz verde aos teus desprazamentos

En ACCEDE SOCIAL temos un compromiso coa sociedade que persegue eliminar as barreiras, físicas e mentais, que dificultan a participación das persoas con discapacidade. Por esta razón e dende hai máis de 10 anos abandeiramos dentro do sector transporte este desexo por un mundo universalmente accesible e equitativo.

Darche un bo servizo é o máis importante para nós. Así poderás sentirte cómoda/o cando viaxes e contarás co apoio dunha persoa acompañante de ruta ao longo do traxecto. As/os profesionais de ACCEDE contan con formación para dar resposta ante incidencias e estarán dispoñibles en todo momento.

Coinco