Quen somos

O que nos diferencia dos demais son as persoas que forman o noso equipo e os seus proxectos de vida.

A nosa iniciativa é un centro especial de emprego, o que significa que máis do 70% das persoas que forman parte do equipo teñen algún tipo de discapacidade, no noso caso o 100%, e detrás de cada unha delas hai esforzo, superación e moita capacidade.

Por iso cada vez que nos elixes, non só optas por unha forma de viaxar, senón que ademais participas da inclusión laboral nunha empresa de Economía Social totalmente accesible.

Ningunha destas historias sería posible sen a nosa clientela, que sodes a que nos dades a oportunidade de demostrar cada día do que somos capaces e de seguir construíndo un mundo que nos inclúa a todas as persoas.

Accede Social é unha iniciativa beneficiaria do Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL.

A Nosa Historia

  • 2001

    Transporte adaptado para as actividades propias de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
  • 2009

    Amplía rutas a diferentes zonas fóra da Organización ofrecendo servizos a centros de día do Consorcio e servizos a demanda de Política Social, o que implica un aumento do persoal e dos vehículos dispoñibles.
  • 2019

    Cambio de imaxe da marca. Máis moderna e próxima.

Quen conduce
Accede social?

En ACCEDE SOCIAL estamos comprometidos con acadar unha sociedade na que todas as persoas poidan participar en igualdade de oportunidade, por iso elas están no centro de todo o que facemos.

Para crear un lugar de traballo inclusivo e ofrecer o mellor servizo á maior cantidade de persoas posible, é necesario crear unha contorna na que todas as persoas poidan desenvolverse. O noso obxectivo é brindar ás persoas con discapacidade oportunidades de emprego. O noso equipo é o noso principal activo porque é o que impulsa a innovación formando parte da engrenaxe desta maquinaria que avanza a todo gas.

O traballo ao que contribuímos move o mundo uns pasos cara adiante. E esa é unha das mellores razóns de traballar aquí: saber que o traballo que realizamos axuda a dar forma a unha sociedade máis xusta e inclusiva. Descobre máis sobre o equipo que está a liderar o camiño.